
Delio, Artemio, Iago un home abandonado que abandona.
Monte Louro é a historia dun home abandonado polo seu pai. Por qué é tan importante ese abandono? É un neno amado profundamente pola súa nai, polo seu avó pero iso non abonda. Delio, Artemio, Iago ten que abandonar sempre ás mulleres que ama. Mulleres fortes que o axudan sempre. Xaviera sacrificándoo todo por el e axudándoo a medrar, despois Lina e Consolación e Silvia, Mariona, Taciana, Chelo, a señora Queta, Andrea, Inés, Luz Divina e Olga. Todas estas mulleres teñen moita influencia na súa peripecia vital e todas elas sálvano nun momento ou outro da súa vida. Mulleres que confiaron nel e que o protexeron mentres estivo ao seu carón. Mulleres que non o abandonan.
Delio, Artemio, Iago é un home que vai fuxindo do seu pasado. Primeiro de Cocho, Insua e Vedra, logo de Román, logo de ..., de toda a súa vida. Monte Louro é o libro do home que cando volve non se recoñece no que ve, non se recoñece nese lugar que tiña idolatrado, ese espazo da súa infancia. Monte Louro é un libro que engancha, que non queres deixar de ler. É un magnifico libro