Durante moito tempo seguín os teus pasos, sentía medo, magoábame, era feliz. Aprendín a recorrer as terras de Escania e a descubrilas contigo, ate quixen viaxar a elas. Malmö era un lugar familiar e Copenhague estaba a trinta e cinco minutos en tren. Este verán descubrín unha fermosa ponte que os une. Estocolmo, esa cidade a escuras, e con todos eses barcos e illas e o vento, sempre o vento acompañándonos. E, de súpeto hai algo que se borra, por un instante.
O meu Long John Silver
Hace 9 años

No hay comentarios:
Publicar un comentario