Hai mais ou menos trinta anos que eu fixen a viaxe que ela agora comeza. Eu saín de Santiago via Londres e ela sae de Porto via Liverpool. O meu destino Hexham o dela Thornton. Foi o inicio da miña gran paixón pola vida, a cultura e a forma de ser británicas. Alí aprendín a convivir cunha cultura e un xeito de vida completamente diferentes aos que eu coñecía ate o momento. Aprendín a convivir coa "soidade" e aprendín de novo a ler. Os paseos pola muralla de Hadriano, as eternas viaxes ata Edimburgo coas mantas e o termo de café en pleno mes de xullo. Esa viaxe que nos faríamos anos despois en autobús dende York, oito horas!, e chovendo a mares.Esa viaxe foi o meu "bungee jumping", foi como esa cerimonia de abandono da nenez. Só agardo que ela sexa tan féliz e aprenda tanto como fixen eu. She deserves it.

No hay comentarios:
Publicar un comentario