É impresionante seguir estes días as informacións sobre Irán. De novo a voltas con este país gobernado por un Consello de Gardiáns. Que expresión, da medo só escoitala. Que gardan? Gardan os privilexios dunha parte da sociedade, gardan ter a metade da poboación sometida.Ningunha de nos se imaxinaría saír á rúa completamente cuberta. Podedes imaxinar as vosas fillas tendo que someterse? Podemos discutir moito sobre os valores das distintas culturas e relixións, pero mentres existan mulleres sometidas non podemos permanecer en silencio. O que temos, a nosa liberdade, a nosa capacidade de decisión non é gratis, houbo moitísimas mulleres antes ca nos que loitaron para conseguilas, moi a modiño pero con afouteza e nos non podemos defraudalas, temos que seguir o seu camiño.

No hay comentarios:
Publicar un comentario