No pasado mes de febreiro tiven que facer unha viaxe a Inglaterra por razóns non moi felices. Como ocorre cada vez que viaxo, a miña filla pediume que lle trouxera algún libro novo. A verdade é que os días que alí pasei non me deixaron moito tempo para ir de librerías así que aproveitei as horas de espera no aeroporto para mercar algúns libros. Comprei Tren Noturno a Lisboa polo que estaba escrito na contracuberta. Non coñecía ao seu autor de nada, descubrín que era profesor e vivia en Berlín. Hai uns días decidín darlle unha oportunidade e que agradable sorpresa! A medida que ía avanzando no libro estaba máis metida nel, interesabame cada vez máis e foise facendo precisa a utilización do lápis. No meu caso iso é sinal de que non é só unha noveliña de lectura rápida.O libro comeza con tres citas, e que ben escollidas: Jorge Manrique, Michel de Montaigne e Fernando Pessoa. E está organizado en catro partes. A partida, o encontro, o intento e o regreso.
O libro é toda unha viaxe, a física a Lisboa e de volta a Berna, e a vital do propio viaxeiro, Raimundo Gregorius e a de Amadeu.
O libro é toda unha viaxe, a física a Lisboa e de volta a Berna, e a vital do propio viaxeiro, Raimundo Gregorius e a de Amadeu.
Mundus é un profesor de linguas clásicas que vive unha vida completamente predecible e cronometrada e que por un encontro absolutamente casual cunha muller que di ser portuguesa desequilíbrase totalmente. Deixao todo. A casualidade fai que na librería descubra un libro, escrito en Portugués que vai facer que emprenda unha viaxe na procura do seu autor. Esa viaxe vaino poñer en contacto cunha lingua que tentará aprender, cunha paisaxe e unha sociedade nova para el. Descubrirá a dictadura, a PIDE, as torturas, a represión e a RESISTENCIA.
Esta é unha novela chea de citas clásicas, de música e de aromas dun Portugal doutro tempo. É unha boa novela
Esta é unha novela chea de citas clásicas, de música e de aromas dun Portugal doutro tempo. É unha boa novela

No hay comentarios:
Publicar un comentario