Hai xa un mogollón de anos que decidín que quería ser profesora. Gústame o meu traballo, os meus alumnos e alumnas e síntome ben no que fago. Nos tempos que vivimos teño para min que son unha privilexiada.
Sempre defendín, mesmo antes de ser nai, a participación dos pais e nais na escola, pero non con papeis senón coa súa presenza, a súa complicidade e a súa axuda. Funcionounos ben, falabamos e podo decir que mesmo fixen amigos. Por suposto os beneficiados eran sempre os alumnos. Eles sabían que eu era esixente. Na miña aula e na miña titoría había e segue a haber unhas normas que todos e todas cumprimos e tamén había outras cousas... Había preocupación cando alguén rompía unha perna ou tiña que ser operado de apendicite, cando alguén estaba deprimido ou non estudaba e tiña malos resultados. Cando había desgrazas como o falecemento dalguén próximo. Mais tamén había momentos marabillosos, había aniversarios, sorrisos, as despedidas ao finalizar 2º de bacharelato, os bicos e os saltos de ledicia ao aprobaren a selectividade. Todo iso e moito mais. Mais non sexamos idealistas, non é doado vivir rodeada de adolescentes
Agora queren que me limite a transmitir "aprendizajes y conocimientos". É dicir, todo o que acabo de dicir xa non o poderei repetir. Se un alumno está enfermo en vez de acompañalo á cafetería a darlle algo quente, pasarei. Se non traballa ou non ven a clase, pasarei. Se fai un esforzo moi grande aínda que non chegue ao cinco, pasarei. Porque a transmisión dos coñecementos e das aprendizaxes non precisan da miña implicación persoal, dos meus valores.
Claro terei que resolver algúns problemas do tipo de "Como vou explicar aos meus alumnos e alumnas como dar consellos? En Inglés eu utilizo unha expresión que é "You shouldn´t smoke" (non deberías fumar), pero claro esta expresión transmite uns valores e unha ideoloxía. Que vou facer? Pedireille a Consellería que consulte aos pais.
Todo esta situación que estamos a vivir non é só unha cuestión lingüística é un auténtico atentado ao profesorado. Desautorízannos pero non saben onde se meten. Nós somos os profesionais da educación. Se a vida dos centros e as decisións de política educativa quedan nas mans dos pais e as nais, que se preparen porque hoxe é a lingua e mañán as "integrais" as "oracións concesivas", "Calderón de la Barca", o "sistema periódico" ou "os mapas físicos".
Na sociedade na que vivimos o esforzo e o traballo non son "valores". Canto máis fácil mellor e todo o que resulte complexo vai ser rexeitado. Pero hai algunhas falacias nesta cuestión as "Sociais" ou as "Matemáticas" non van ser máis "fáciles" en castelán que en galego, serán só noutra lingua.
Eu só quero seguir a ser profesoraSempre defendín, mesmo antes de ser nai, a participación dos pais e nais na escola, pero non con papeis senón coa súa presenza, a súa complicidade e a súa axuda. Funcionounos ben, falabamos e podo decir que mesmo fixen amigos. Por suposto os beneficiados eran sempre os alumnos. Eles sabían que eu era esixente. Na miña aula e na miña titoría había e segue a haber unhas normas que todos e todas cumprimos e tamén había outras cousas... Había preocupación cando alguén rompía unha perna ou tiña que ser operado de apendicite, cando alguén estaba deprimido ou non estudaba e tiña malos resultados. Cando había desgrazas como o falecemento dalguén próximo. Mais tamén había momentos marabillosos, había aniversarios, sorrisos, as despedidas ao finalizar 2º de bacharelato, os bicos e os saltos de ledicia ao aprobaren a selectividade. Todo iso e moito mais. Mais non sexamos idealistas, non é doado vivir rodeada de adolescentes
Agora queren que me limite a transmitir "aprendizajes y conocimientos". É dicir, todo o que acabo de dicir xa non o poderei repetir. Se un alumno está enfermo en vez de acompañalo á cafetería a darlle algo quente, pasarei. Se non traballa ou non ven a clase, pasarei. Se fai un esforzo moi grande aínda que non chegue ao cinco, pasarei. Porque a transmisión dos coñecementos e das aprendizaxes non precisan da miña implicación persoal, dos meus valores.
Claro terei que resolver algúns problemas do tipo de "Como vou explicar aos meus alumnos e alumnas como dar consellos? En Inglés eu utilizo unha expresión que é "You shouldn´t smoke" (non deberías fumar), pero claro esta expresión transmite uns valores e unha ideoloxía. Que vou facer? Pedireille a Consellería que consulte aos pais.
Todo esta situación que estamos a vivir non é só unha cuestión lingüística é un auténtico atentado ao profesorado. Desautorízannos pero non saben onde se meten. Nós somos os profesionais da educación. Se a vida dos centros e as decisións de política educativa quedan nas mans dos pais e as nais, que se preparen porque hoxe é a lingua e mañán as "integrais" as "oracións concesivas", "Calderón de la Barca", o "sistema periódico" ou "os mapas físicos".
Na sociedade na que vivimos o esforzo e o traballo non son "valores". Canto máis fácil mellor e todo o que resulte complexo vai ser rexeitado. Pero hai algunhas falacias nesta cuestión as "Sociais" ou as "Matemáticas" non van ser máis "fáciles" en castelán que en galego, serán só noutra lingua.

No hay comentarios:
Publicar un comentario