"Decirte adiós" de Philippe Besson (Alianza Editorial 2008).Cinco cartas que son as reflexións dunha muller sobre o amor, a soedade, a parella... Louise unha periodista francesa lévanos por A Habana, Nova Iorque, Venecia, no Orient-Express e finalmente París. Nestas cinco cartas Louise diríxese a Clément, o seu xa ex-amante, e a medida que paseamos por esas cidades e evocamos a algúns dos seus escritores, pinturas e músicas sabemos da súa relación tormentosa e desigual. É unha muller do século XXI, fuxindo do seu espazo vital e dos seus sentimentos.
É un libro delicado con moito, moito encanto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario