Montserrat, Cía Trasantlántica
Maruxía é a ferruxe, os ficus, os pasamáns dourados, o tabaco, a crema Pond´s e as Family circle, as saias de cores rechamantes e os pantalóns curtos que me agasallou aquela muller negra -a primeira que vin na miña vida-, os botóns dourados e o almidón, a edición do Quixote da Editora Nacional de Cuba e a penicilina, os sobres via air mail e os vistas da aduana, o galego do Morrazo e o inglés dos británicos, os que emigraron e toda a soidade e a negrura azul.

No hay comentarios:
Publicar un comentario